A RFGF presentou aos 37 clubs inscritos o plan competicional exprés da Preferente Galicia nunha xuntanza na que a Federación deixou claro que manterá as axudas
A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) mantivo este martes unha reunión telemática cos 37 equipos inscritos na categoría de Preferente Galicia para informar sobre o formato competicional exprés e aclarar todas as dúbidas que os responsables dos equipos puidesen ter ao respecto do desenvolvemento desta inédita tempada.
Distribución dos grupos: Norte e Sur
- GRUPO NORTE: 19 equipos divididos en 3 grupos
No que se refire ao Grupo Norte, os 19 equipos inscritos quedan divididos en 2 grupos de 6 equipos e 1 grupo de 7 equipos, según o criterio xeográfico. Deste xeito os equipos verán reducidos considerablemente os seus gastos de desprazamento.

Dado que hai un grupo con 7 equipos e, polo tanto, con catro xornadas máis de competición, este dará comezo o 21 de marzo mentras que os outros dous comezarán o 28 de marzo. Tamén haberá xornada de competición o Xoves Santo e dous días máis entre semana. Todo elo sempre que así o permita a situación sanitaria e a evolución da competición non se vexa perxudicada polas dificultades propias da pandemia. A competición rematará o 27 de xuño.
- GRUPO SUR: 18 equipos divididos en 3 grupos
No que se refire ao Grupo Sur, os 18 equipos inscritos quedan divididos en 3 grupos de 6 equipos cada un, según o criterio xeográfico. A competición dará comezo o 28 de marzo e rematará o 27 de xuño.

Dúas fases
A tempada divídese en dúas fases. A primeira cunha liga regular en cada un dos subgrupos de todos contra todos a dúas voltas. Os dous primeiros clasificados de cada subgrupo conseguirán o pase para o Grupo do Ascenso. Os tres primeros de cada subgrupo arrastrarán 3 puntos e os segundos 1 punto cada un. Esta fase de ascenso só se xogará a unha volta (cada equipo disputará dous partidos como local e dous como visitante) e non se enfrontarán os equipos que procedan do mesmo subgrupo. Os dous primeiros acadarán o ascenso a Terceira División.
- GRUPO NORTE


- GRUPO SUR


Fase da Copa do Rei
Dado que a RFEF instaurou que un equipo de categoría autonómica debe disputar a fase previa da Copa do Rei, neste ano tan especial a RFGF considerou que sexan os terceiros clasificados de cada subgrupo na primeira fase os que loiten por esa praza.
- GRUPO NORTE

- GRUPO SUR

Realización de test
A categoría de Preferente é unha das que establece o protocolo aprobado pola Xunta de Galicia que debe realizar test cada 14 días como medida para facer fronte ao risco de contaxio de Covid. Os equipos poden acceder á axuda federativa para a financiación da metade dos test, así como á liña de subvención da Xunta de Galicia específica para gastos Covid.
Programa Excepcional de Axudas Alento
A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) informou durante a xuntanza cos equipos que competirán na Preferente Galicia que manterá a nova liña de axudas do Programa Excepcional Alento que xa fora presentada en primeira instancia e que son as seguintes:
- Financiación de test (25 test por equipo e por mes) e da tramitación dos mesmos, así como o anticipo do pago de todos os test que debe realizar cada equipo
- Financiación do 100% do Seguro de Responsabilidade Civil aos equipos adheridos á póliza federativa
- Entrega de 10 balóns por equipo e un trolley
- Unha partida económica de 2.000 euros por participación que se concede por primeira vez nesta categoría
En total, a axuda da RFGF a cada equipo participante ascende aos 3.000 euros por equipo para un total de 110.000 nesta Preferente Galicia. Sen dúbida, un gran esforzo que a Federación fai para colaborar cos clubs nun momento tan complicado.
Fonte: Futgal