Ribadeo, 3 de decembro, 2021. Este venres tivo lugar na tienda de Sargadelos en Ribadeo, a presentación oficial da camiseta Xacobeo 21-22, deseñada por Sargadelos, para o Ribadeo FC, o cal cumpre 108 anos de historia.
Estivo presente no acto:
- Xefa Territorial de Turismo: Paloma Vázquez Fernández
- Xefe Provincial de Deportes: Manolo Cadramón
- Xefe de deseño da Firma Sargadelos: Carlos Pérez, creador da camiseta xacobeo 21-22.
Na súa intervención, tanto Paloma Vázquez como Manolo Cadramón, destacaron o compromiso da Xunta que xuntamente coa Firma Sargadelos, impulsaron ademais da camiseta, o Emma Cuervo feminino e masculino.
O acto estivo arrufado polo grupo Sons Baradero.
O Ribadeo FC, aproveitou o acto para desexar unhas felices festas a todos os seus socios e simpatizantes, así como o agradecemento e apoio recibido por parte da firma Sargadelos e a Xunta de Galicia.
Pola súa banda, o coordinador de deportes dos populares ribadenses, Tito Suárez apuntou que “Nós, como grupo municipal, xestionamos un orzamento para esta nova equipación diante da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, e do Xacobeo; unha iniciativa na que mesturamos a cultura e o deporte galego”