04/06/2021
Un carrusel de emocións leva ao Lemos á pelexa polo ascenso
Comezaba a tarde cunha calor abafante en tres puntos tan distantes como unidos por un día. A Residencia defendía a súa segunda posición ante un Lemos que non quería dar o seu brazo a torcer tan facilmente. Así como un Santaballés, repleto de ilusión, agardando pola carambola da década. A xogada a tres bandas comezou...